espantallos de bata branca

Friday, May 26, 2006

lalalalalaaaaaa

Ola, rapazas!

Oxe temos un día chulísimo á beira do mar e por iso estou leda como unha bolboreta ante a chegada da primavera! E por iso déuseme por sacar fotiños. Xa teño as das rosas e a da herba luísa. A do oito na terra podo sacala sen problema. Mais non teño cesta, así que se esa pode sacala algunha de vós, magnífico. No tocante á foto da pila bautismal, temos varias das que sacou Patri. Aínda que igual é mellor non amosar fotos casi iguais en seccións distintas. En fin, esa tamén vos pediría que a sacasedes algunha de vós porque non me levo moi ben co cura de Darbo (a miña parroquia) porque aínda non asimilou o meu absentismo voluntario nas misas e, ademais, o sacristán (coñecido como o "Machote"... ¿ou acaso pensabades que o Cachas era o único mote que daba conta da virilidade dos homes cangueses? XD) é un borde. Pois iso. Nada máis. Seguirei disfrutando do día tirada no xardín aprendendo sobre "A explicación sociolóxica".

Bicos para todas,

Nati

1 Comments:

Blogger herbinhas said...

Luneira says:

¿Por que estarás ti tan contenta?...

2:51 AM  

Post a Comment

<< Home