máis fotiños





Ola, rapazas!
Velaquí algunhas fotiños máis que hai que ir retocando. Por certo, as dos allos, estampa, nasa e mais cornos son fotogramas de avid, por iso están tan horribles, pero confiamos na vosa destreza como retocadoras!!! De todas formas, Ana ten fotos da cabina por dentro e creo que poderían estar moito mellor cás que sacamos de avid. Estas fotos irían ubicadas na nosa marabillosa foto-vídeo-audiogalería. Daquela, levarían o tamaño do vídeo (320x240). De tódolos xeitos, o mellor é gardalas cun nome distinto por se acaso logo se fan máis grandes. A do toxo iría nunha galería (era unha das que ía na nosa maqueta primitiva, ¡ai, canto tempo pasou dende entón!).
NOTA: No anterior post equivoqueime. A foto de "roupa negra pasando por riba dunha cheminea" vai en reportaxe, non en galería!!!!
Bicos,
Nataliña

0 Comments:
Post a Comment
<< Home