Non o podo crer. Velaquí deixo o texto da parte do guión relativa ó deseño. Se é preciso entregalo en Word, por favor, avísanos e mandámoscho.
Elementos comúns:
Maqueta xeral:
Empregaremos un fondo negro sobre o que irá un recadro de 599x450 píxeles de cor branca. A interface superior consiste nun rectángulo gris (#CDCDCD) de 599x95 píxeles. Na esquina esquerda incluímos o logo, e á dereita as opcións para pasar a unha ou outra historia (Mar, Agro, Crenzas e Saúde). Estas irán en cor gris escuro (#333333), coa tipografía BankGothic Lt BT, tamaño 10 con suavizado tenue. A historia dentro da que estemos aparecerá en cor vermella.
Ó pé da páxina, sobre o fondo negro, están os elementos de tipo corporativo e de interactividade (foro, créditos, contacto e mapa). Estes aparecen en cor branca, en Arial tamaño 10, sen suavizado.
Cada un dos catro temas (Agro, Saúde, Mar e Crenzas) ten unha cor representativa:
- Agro: #FFBB00
- Saúde: #FA700A
- Mar: #6DC82B
- Crenzas: #882881
Páxina de inicio:
Catro fotografías (479x86 píxeles), cada unha representando un dos catro temas. Ó pasa-lo rato por riba de cada unha delas, son enmarcadadas por un recadro da súa cor (informando así ó usuario de que se pode pinchar nelas)
Inicio de cada tema:
Unha vez que prememos nalgunha das catro fotos que aparecen na páxina de inicio desembocamos no comezo de cada un dos temas. Unha vez aquí, observaremos unha imaxe de 479x270 nun marco de 487x279 na cor representativa do tema en cuestión. Na imaxe acontecerá algo (unha gaivota voando no caso do mar, o pétalo dunha flor caíndo no agro...). O usuario observará o fenómeno namentres se se establece a primeira toma de contacto co asunto. Nesta páxina hai dous textos debaixo da fotografía que aportan dúas perspectivas: a da tradición e maila científica. O nome da sección preséntase en gris claro detrás do recadro da imaxe (ex. AGRO) e, xusto debaixo deste hai un aviso que nos indica “FAI CLIC SOBRE A FOTO” para que a experiencia do usuario non se vexa limitada e todos entendan como interactuar coa páxina.
Portadiña dos temas:
O título aparece en letra Verdana, tamaño 36, negriña, cor #333333, con suavizado tenue; na esquina superior esquerda. Baixo del, temos unha entradiña xeral da mesma cor, en Georgia tamaño 14 con suavizado nítido. Esta entradiña ocupa un cuarto da pantalla (o superior esquerdo). Na outra metade da parte superior aparece unha fotomontaxe de 244x195 píxeles.
Na metade inferior preséntanse as distintas historias dentro de cada tema. Baixo un título en Georgia 20, cor #626262, temos unha imaxe (188x87 píxeles) e unha pequena introdución (90 caracteres) utilizando a mesma tipografía en tamaño 10.
Reportaxes con fotos:
As reportaxes presentaránse en distintos golpes de pantalla. O usuario terá que premer en “seguinte” para avanzar. Cada pantalla terá a seguinte estrutura:
Na parte superior esquerda teremos o título da reportaxe en cuestión, e baixo el o texto (sempre na parte esquerda). A parte dereita estará ocupada por unha fotografía (244x325 píxeles) cun marco da cor correspondente e un breve pé de foto en Georgia, tamaño 11, cursiva, cor #626262.
A tipografía será sempre Georgia, cor gris (#626262) e con suavizado nítido. No título aparecerá en maiúsculas, negriña e tamaño 15. A entradiña estará en cursiva e tamaño 14, mentres que o corpo da reportaxe é tamaño 13 (e non cursiva).
Para pasar as páxinas da reportaxe, o usuario utilizará a parte inferior da páxina (dentro do cadrado branco), onde aparecerán baixo unha liña gris (#666666) diferentes opcións: anterior, volver ó tema principal e seguinte. Estarán en Georgia 11, #626262. A opción de volver ó tema principal estará en cursiva.
Galerías:
As galerías de fotos presentaránse con imaxes de 515x338 píxeles, isto é, moi horizontais. As fotografías estarán rodeadas por un marco de 530x380 píxeles. Este recadro levará a cor representativa do tema no que está incluída a galería. A interactividade nas galerías de fotos vén definida por seis elementos: os botóns “Anterior” e “Seguinte”, cos que se poderá avanzar ou retroceder nas imaxes; o botón “Volver a X” (nome da sección na que se integra a galería) e mailos botóns de Play, Pause e Stop, que estarán representados por cadanseu icono. Antes de que apareza unha imaxe, poderemos ver sobre un recadro negro un texto en movemento (en direción ascendente) que nos aclarará o significado da foto. Porén, cada vez que o usuario prema o botón de “Seguinte” ou “Anterior”, non verá o texto explicativo, senón a fotografía. Para ve-los textos anteriores, o usuario deberá pulsar o STOP para así voltar ó inicio da galería. Tódolos botóns das galerías están en gris (#999999).
Infográficos:
A maqueta dos infográficos é moi semellante á das fotografías. A única diferencia é que esta páxina inclúe un único elemento de interactividade, que é o botón de retorno á portada da sección correspondente. No interior dun cadro negro introduciráse o infográfico.
Vídeos:
Os vídeos serán introducidos a través do Flash Media Player. Están rodeados, ó igual que os infográficos, por un recadro negro de 515x338. Haberá unha explicación textual dos mesmos (ó igual ca no caso das fotografías) xusto antes de que comecen. Nos vídeos incluiránse os botóns de “Anterior”, “Seguinte” e “Volver a X”, ademais dos de Play, Pause, Stop e un botón cun icono dun altavoz que servirá para silencia-lo vídeo e controla-lo volume. Tamén aparecerá o tempo que dura o vídeo e mailo avance do buffer.