espantallos de bata branca

Friday, May 26, 2006

lalalalalaaaaaa

Ola, rapazas!

Oxe temos un día chulísimo á beira do mar e por iso estou leda como unha bolboreta ante a chegada da primavera! E por iso déuseme por sacar fotiños. Xa teño as das rosas e a da herba luísa. A do oito na terra podo sacala sen problema. Mais non teño cesta, así que se esa pode sacala algunha de vós, magnífico. No tocante á foto da pila bautismal, temos varias das que sacou Patri. Aínda que igual é mellor non amosar fotos casi iguais en seccións distintas. En fin, esa tamén vos pediría que a sacasedes algunha de vós porque non me levo moi ben co cura de Darbo (a miña parroquia) porque aínda non asimilou o meu absentismo voluntario nas misas e, ademais, o sacristán (coñecido como o "Machote"... ¿ou acaso pensabades que o Cachas era o único mote que daba conta da virilidade dos homes cangueses? XD) é un borde. Pois iso. Nada máis. Seguirei disfrutando do día tirada no xardín aprendendo sobre "A explicación sociolóxica".

Bicos para todas,

Nati

Wednesday, May 24, 2006

Herbas e aires

Para cambiar as plantas medicinais que non se dan por estos lares, propoño fotos de:
fresas
espinacas
rosas
dentes de león
(se xa temos algo o collemos e se non as facemos; precisamos dous).

Obrigatoria unha foto de hierbaluisa.

Para os aires, faltan:
Aire de home despois de xacer.... necesitamos unha foto dunha cesta rechea de terra
Aire de muller. Marcamos un oito en terra e o fotografiamos. Foto metafórica.
Aire de defunto. Pila bautismal

Iso é todo. Imos vento en popa a toda vela!!

Thursday, May 18, 2006

máis cousiñas

Sinto ser pesada, pero acabo de ve-las fotos do zaragozano e imos ter un problema ao edita-la que usemos porque iría nunha galería e iso significa que é bastante horizontal e tódalas que temos son verticais. Ademais, por moito que recortemos non nos podemos carga-lo calendario e por iso non sei ata que punto quedará ben. A ver que se nos ocorre!

Máis bicos,

Nati

máis fotiños








Ola, rapazas!

Velaquí algunhas fotiños máis que hai que ir retocando. Por certo, as dos allos, estampa, nasa e mais cornos son fotogramas de avid, por iso están tan horribles, pero confiamos na vosa destreza como retocadoras!!! De todas formas, Ana ten fotos da cabina por dentro e creo que poderían estar moito mellor cás que sacamos de avid. Estas fotos irían ubicadas na nosa marabillosa foto-vídeo-audiogalería. Daquela, levarían o tamaño do vídeo (320x240). De tódolos xeitos, o mellor é gardalas cun nome distinto por se acaso logo se fan máis grandes. A do toxo iría nunha galería (era unha das que ía na nosa maqueta primitiva, ¡ai, canto tempo pasou dende entón!).

NOTA: No anterior post equivoqueime. A foto de "roupa negra pasando por riba dunha cheminea" vai en reportaxe, non en galería!!!!

Bicos,

Nataliña

fotos e a súa ubicación

Ola, rapazas!

Dende agora é mellor que cada vez que colguemos unha foto indiquemos a súa ubicación (se vai nunha reportaxe ou nunha galería) para que Patri e mais Jéssica, que están a retocar as que faltan, saiban as medidas exactas que lles teñen que dar.
A ubicación das fotos ata o de agora é a seguinte:

-fotos das cruces no cemiterio: galería
-fotos de Hipócrates ( o señor do fondo de moitas cores): só faría falta unha pequeniña para o test (aínda non sabemos a medida exacta)
-cemiterio: fotogalería
-roupa negra por enriba dunha cheminea: galería
-pía bautismal: galería
-cruce camiños: galería
-cruceiro: galería
-zaragozano: galería
-froita entre a palla: galería
-forno de leña: galería
-lúa: galería
-foto poda: galería (xa retocada)
-foto ortiga: test (aínda non se sabe a medida exacta)
-foto orégano: test (aínda non se sabe a medida exacta)
-toxo: galería (aínda hai que subila)
-fotos allos, estampas, cornos e rapaz amosando a nasa: en principio van con mesmo tamaño có vídeo (320x240 px) (aínda hai que subilas)

Agora mesmo vou subi-las fotos de estampas, cornos, rapaz amosando nasa, allos e mais toxo!!

Espero que vos sirve de axuda!

Bicos,

Nati

Monday, May 15, 2006

Zaragozano


Ola! Aquí está a foto do zaragozano. Supoño que editaremos esta, inda que o mellor preferides a outra que é mais grande. Foi un encargo, non a fixen eu e tiven que me conformar con esta. Por favor dademe un sinal de cal hai que editar. Bicos miles, Patricia.

Saturday, May 13, 2006














esta é a selección de fotos que fixen para cubrir as que me correspondían.

ana, agardo que me mandes ese mail para acordar como fago e de que as que me faltan para o gráfico das prantas.

falamos.

jéssica.

Friday, May 12, 2006

medidas fotos

Ola, rapazas!

Patri e mais Jéssica ofrecéronse a retoca-las fotos que vaiamos colgar na páxina. As indicacións das fotos que entran e maila súa estrutura (en galería ou en reportaxe) vén indicada nun dos posts colgados hai unha semana. Alí podedes consulta-la ubicación das imaxes (obvia dicir que no guión tamén, por suposto). As medidas que levarán as fotos das galerías (horizontais) son de 515 de ancho por 338 de alto, mentres que as das reportaxes (verticais) serán de 239 de ancho por 320 píxeles de alto. Non vos cortedes ao retocalas, deixádeas impresionantes! XD

Bicos,

Nati

Thursday, May 11, 2006

resumo dos días nos que non vos contei nada

ola nenas,

as miñas expectativas de ir á clase dilúense co paso dos días.

se non é por facer a memoria para as prácticas é porque debo arranxar cousas que non podía mentres estaba na AGN.

non sabedes canto sinto non estar máis presente.

sei que teño que enviar as miñas fotos pero quería comentarvos algunhas cousiñas antes de facelo.

primeira. Como sería a eira na que se emprega a "masa viscosa"? dígoo porque non son iguais en lugo que en pontevedra, por poñer un exemplo. creo que me dixerades que esa prática se realizaba en lugo. se é así, podo ter foto dunha eira rural e logo traballar co fotooshop para incluir o preparado do chan.

segunda. Do forno tamén hei ter e vou facer o mesmo que coa anterior, fotoshopeala e punto.

creo que o cruce de camiños me tocaba a min, non sei, pero tamén vos mando, supoño que todas xuntas o sábado, algunha sobre ese tema.

explícovos por qué tardo tanto en mandalas. do forno e da eira fainas o meu mozo en Castro do Rei cunha cámara analóxica e ata mañá non chega, polo tanto, entre que as revelo e as escaneo non creo que ata o sábado pola mañá as poida mandar.

non sei se é necesario quedarmos ou que faga algo máis ou o qué. avisádeme, por favor, porque non quero facer menos do que me corresponde.

xa me contades.

bicos pa todas!

jéssica.

Wednesday, May 10, 2006

Cruce de camiño








ola nenas!
Aquí vos mando as fotos do cruce de camiños con cruceiro.

Ata dentro dunhas horas!

Esquecin o zaragozano

Eu teño un zaragozano na casa, vou intentar sacar unha foto que se vexa mellor e vola mando mañan á noite ou cando teña un rato no curro. Un bico herbinhas!!
Patricia.

Para que o teñades en conta

Nenas, ademais dos cometidos e tarefas que me encarguedes podedes enviarme ao correo carapuchavermella@gmail.com as fotos para editarlas. Non sei facer virguerías, porque estou aprendendo, pero traballo cun deseñador gráfico que me pode botar unha man. O mais probabel é que o martes poida ir a creación, senon xa procuro estar pendente do blog, do teléfono e mais do mail. Un bico forte,

Patricia.

confusión

Ola rapazas!

Quería informarvos de que son un desastre e publiquei as fotos que xa saquei da saúde e mailo agro no meu blog en lugar de facelo neste (xúrovos que non é unha manobra para atraervos ao meu espazo :D Déixovos un link e alí as atoparedes, ok? Síntoo polas molestias!

http://naretagarda.blogspot.com/

Bicos,

Nati

Tuesday, May 09, 2006


Ola! Aquí vos mando as fotos do Zaragozano, sei que non están moi ben (sobre todo a de abaixo), pero é que estaba dentro da casa dunhas paisaniñas.
En canto a foto do cruce de camiños, xa a teño, pero non a podo colgar ata hoxe á tarde, porque como saberedes, a miña cámara morreu, así que tiven que conseguir outra, e non teño o cable aquí para pasar as fotos.

Bueno, xa vos vexo mañá e vos conto as miñas aventuras por estes lares, que onte tiven unha entrevista moi complicada (quen me mandaría a min meterme en liortas de veciños???)

Un biquiño.

Monday, May 08, 2006

fotos patricia






Aquí están as miñas fotos, a da lúa non é moi boa pero é que en Lugo a néboa non nos deixaba vela. Mirarei o ceo hoxe a ver se a vexo e sigo colgando as fotos que poida. As do cemiterio son de San Froilán (Lugo), e a pila bautismal e dunha igrexa de Lugo. Vou falar agora con Cris para ver as tarefas que temos pendentes, de tódolos xeitos calquera cousa que poida facer comunicadema (xa lle comentei a Nati que inda que non sexa unha autoridade en deseño no meu traballo hai xente que me pode botar unha man). Un bico herbinhas

Patricia.

mando agora as fotos de torrado. Nati e Lucía, vouvos encher un pouquiño a conta de correo con elas.

en canto as miñas tarefas pendentes, voume por con elas canto antes, o caso é que as dea conseguido todas.

sinto se estes días estiven pouco activa pero xurdiu unha actuación para o grupo de música en Portugal e volvín onte logo de tres días alá sen acceso ao mail.

espero poder ir o mércores ou o xoves pola clase e falamos.

un bico!

Thursday, May 04, 2006

infográfico lúa

Aquí está o fragmento do guión no que se mencionan as prantas que deben figurar no infográfico

PÁXINA 15
INFOGRÁFICO: A LÚA NA AGRICULTURA

Texto:
LÚA NOVA
- Estimula as follas. Podar se a árbore é pequena ou nos interesa que se desenrole vexetativamente. Retrasa a producción de froita.
- Propicia para o desherbado. Non convén remover a terra.
LÚA CRECENTE
- Estimula o crecemento vertical e a floración. Podar se a árbore é pequena ou nos interesa que se desenrole vexetativamente.
- Mellor momento para sementar todas as plantas que crecen en altura e dan froitos, coma os tomates, as xudías ou os chícharos.
- Podar viñas.
LÚA CHEA
- Favorece froitos e sementes. Podar se queremos frear o seu vigor ou unha pronta entrada en producción.
- Apañar, cortar caña ou sementar plantas de froito.
LÚA MINGUANTE
- Podar se queremos frear o seu vigor ou unha pronta entrada en producción.
- Sementar raíces e tubérculos coma os rábanos, as remolachas ou as patacas.
- Sementar plantas que soben a flor prematuramente, coma as leitugas.
- Sementar e segar avena, trigo, cebada e centeo

Bicos

Tarefas restantes

Velaquí está a distribución das tarefas que restan para completa-lo material da web. ¡Que emoción!

Ana:
1. foto gato negro, grande, mirando cara á cámara (sorte!)
2. foto araña
3. foto lagarto
4. foto gato normal
5. foto ramas loureiro
6. animacións flash do infográfico da lúa

Lucía:
1. edición vídeos mar (Martes ás 11 na porta de Xornalismo)
2. foto bosta para tapa-lo forno de leña (hehehhe)
3. foto cruce cinco rúas Pontevedra
4. infográfico casa (casa 3D)
5. subi-la foto do zaragozano ao blog

Márçia:
1. edición vídeos mar (Martes ás 11 na porta de Xornalismo)
2. gráfico tronco humano. (Cris, o gráfico xa está case rematado. Agora hai que avisar a Marçia de que é exactamente o que ten que sinalar sobre o tronco humano)
3. limpar audio "cabina_es_jo" (exportar de Avid)

Jéssica:
1. foto cruce camiños no rural
2. foto de toxo queimado
3. foto bosta para tapa-lo forno de leña (a ver se o podes conseguir, senón temos seguro a foto do forno de Lucía para dentro de 2 fins de semana)
4. foto bosta con auga (ou sucedáneo de masa viscosa cunha cor sospeitosa)
5. buscar en internet ou sacar fotos das prantas que aparecen no gráfico da lúa (o anaco de guión no que aparecen os nomes das plantas publicarémolo agora no blog) e pasarllas a Ana para que faga as animacións
6. foto froita entre a palla

Patricia:
1. foto lúa (dá igual a fase na que estea)
2. foto cemiterio
3. foto cruz nun cemiterio
4. foto pila bautismal (sorte!)

Bea:
1. foto allo
2. foto eucalipto
3. retoca-las fotos que van chegando ó blog (crenzas e saúde)
4. infográfico casa: debuxo das plantas da casa en 2 dimensións

Cris:
1. foto romería (libro de festas...)
2. subtítulo da páxina
3. pensar no concepto da foto do "aire de muller que non sexa virxe"

Nati:
1. infográfico sonda
2. exportar fotogramas: nasa, allos, estampas, cornos
3. retoca-las fotos que van chegando ó blog (mar e agro)
4. foto poda
5. fotos herbas: celidonia, valeriana, ortiga, melisa, manzanilla, orégano
6. foto fabas/millo
7. foto roupa negra pasando por riba dunha cheminea (no comments)

IMPORTANTE:

1. Non sei se aínda é interesante pero Aida, que é unha habitual das consultas de curandeiras e compoñedoras, díxome que podía conseguirnos un par de números útiles.

2. Hai que colga-las fotos de tódalas entrevistas o antes posible. Ex. Torrado, Emilio González (con dúas ou tres xa chega), etc.

3. O esquema do traballo (para que nos quede a todas claro) é o seguinte.


A. AGRO

A1. fotogalería trucos agro: poda, celidonia, toxo, vacas, toxo queimado, zaragozano, fabas entre o millo, bosta con auga, bosta para tapa-lo forno de leña, froita entre a palla

A2. infográfico lúa

A3. infográfico casa

B. MAR

B1. Reportaxe con fotos de A Lanzada (A lenda das noce ondas)

B2. Imaxinario e técnica (foto-audio-vídeogalería)
texto intro técnica cunha foto de aparellos de pesca

infográfico sonda
foto rapaz amosando a nasa
fotos allos, estampas, cornos
audio cabina esteban y jose
vídeo supersticións
vídeo Carme
vídeo refráns
vídeo aparellos

C. CRENZAS

C1. Caída paletilla (gráfico corpo humano)
C2. Mal de aire (tipos: de araña, lagarto, gato, excomulgado, defunto, lúa, cruce de camiños, cemiterio e muller que non sexa virxe + reportaxe con fotos: cruce camiños, roupa por enriba dunha cheminea, gato negro e romerías-)
C3. Fotogalería meigallo: igrexa, cruceiro, pila bautismal, porta con rellas, rosquilleiras, virxes, velas, bazar
**"En profundidade". Entrevista a Emilio González cunha foto

D. SAÚDE

D1. Test humores (foto Hipócrates. Solución por maioría de respostas)
D2. Xogo herbas: fotos de valeriana, allo, ortiga, melisa, eucalipto, manzanilla e orégano
D3. Recompoñedora máis contrapunto de Torrado (reportaxe con fotos)

Noraboa se chegastes ao final deste post!

Bicos


Tuesday, May 02, 2006