espantallos de bata branca

Wednesday, June 28, 2006

afinación

ola herbinhas!

parabéns polo taballo realizado (a todas e cada unha de nós)

esta mañá (28 de xuño)comentoume lucía que teriamos de modificar, corrixir..., en definitiva, afinar o proxecto para poder presentalo ben a onde queira que sexa.

ofrézome para facer esa revisión e anuncio que estou na facultade todas as mañás de nove a dúas, asi que podedes achegarme unha copia da última versión do sitio e miraría de retocar esas cousiñas.

para calquera outro mester, sabedes onde atoparme.

vós diredes!

jéssica.

Tuesday, June 20, 2006

oregano

fotos pista e roupa



la de la pista tiene mala resolución pero con esa medida quedan todas más o menos así.



foto cruce caminos

foto clinica y casa aurea


fotos torrado


Monday, June 19, 2006

fotos espinacas, pila e zaragozano horizontal


Ola rapazas!! Aquí están as fotos, a da cesta con terra supoño que a subirá Jéssica entre hoxe e mañán. Dinlles o tamaño acordado pero como non sei a resolución á que as estades subindo, é mellor que o tamaño llo poñades vos ou que me digades a resolución. Se non vos gustan os escasos e precarios retoques que lles fixen dacordo co meu nulo dominio do photochop teño os orixinais.
Un bico,

Patricia.

Wednesday, June 07, 2006

Recuento del encuentro

En pleno éxtasis trabajador he llegado a casa tras nuestra charla de hoy. Ahora sólo espero ansiosa esa semana de no comer, no beber, y no dormir.

Para ir haciendoos la boca agua (ñam ñam) os informo de nuestras tareas

Infográfico de la luna- ana
infográfico de la sonda- nati
juego hierbas (dibujo lucia más flash nati)
test (mñn le mando el mail a gago y despues discutimos)
la página de inicio en flash ana y nati
el dibujo de las plantas del infográfico de la casa. Bea (flash nati)
maquetas en dreamweaver- jesica y yo (y a medida q acabeis vuestros trabajos podeis sumaros entusiastas)
galerías fotos. no tengo nombres apuntados.

Esto es todo lo que había apuntado, pero no olvideis nuestra cita del 16 (olvidamos la hora, por cierto, o al menos la olvidé yo) y ya concretamos y eso.

feliz semana!

Friday, May 26, 2006

lalalalalaaaaaa

Ola, rapazas!

Oxe temos un día chulísimo á beira do mar e por iso estou leda como unha bolboreta ante a chegada da primavera! E por iso déuseme por sacar fotiños. Xa teño as das rosas e a da herba luísa. A do oito na terra podo sacala sen problema. Mais non teño cesta, así que se esa pode sacala algunha de vós, magnífico. No tocante á foto da pila bautismal, temos varias das que sacou Patri. Aínda que igual é mellor non amosar fotos casi iguais en seccións distintas. En fin, esa tamén vos pediría que a sacasedes algunha de vós porque non me levo moi ben co cura de Darbo (a miña parroquia) porque aínda non asimilou o meu absentismo voluntario nas misas e, ademais, o sacristán (coñecido como o "Machote"... ¿ou acaso pensabades que o Cachas era o único mote que daba conta da virilidade dos homes cangueses? XD) é un borde. Pois iso. Nada máis. Seguirei disfrutando do día tirada no xardín aprendendo sobre "A explicación sociolóxica".

Bicos para todas,

Nati

Wednesday, May 24, 2006

Herbas e aires

Para cambiar as plantas medicinais que non se dan por estos lares, propoño fotos de:
fresas
espinacas
rosas
dentes de león
(se xa temos algo o collemos e se non as facemos; precisamos dous).

Obrigatoria unha foto de hierbaluisa.

Para os aires, faltan:
Aire de home despois de xacer.... necesitamos unha foto dunha cesta rechea de terra
Aire de muller. Marcamos un oito en terra e o fotografiamos. Foto metafórica.
Aire de defunto. Pila bautismal

Iso é todo. Imos vento en popa a toda vela!!

Thursday, May 18, 2006

máis cousiñas

Sinto ser pesada, pero acabo de ve-las fotos do zaragozano e imos ter un problema ao edita-la que usemos porque iría nunha galería e iso significa que é bastante horizontal e tódalas que temos son verticais. Ademais, por moito que recortemos non nos podemos carga-lo calendario e por iso non sei ata que punto quedará ben. A ver que se nos ocorre!

Máis bicos,

Nati

máis fotiños








Ola, rapazas!

Velaquí algunhas fotiños máis que hai que ir retocando. Por certo, as dos allos, estampa, nasa e mais cornos son fotogramas de avid, por iso están tan horribles, pero confiamos na vosa destreza como retocadoras!!! De todas formas, Ana ten fotos da cabina por dentro e creo que poderían estar moito mellor cás que sacamos de avid. Estas fotos irían ubicadas na nosa marabillosa foto-vídeo-audiogalería. Daquela, levarían o tamaño do vídeo (320x240). De tódolos xeitos, o mellor é gardalas cun nome distinto por se acaso logo se fan máis grandes. A do toxo iría nunha galería (era unha das que ía na nosa maqueta primitiva, ¡ai, canto tempo pasou dende entón!).

NOTA: No anterior post equivoqueime. A foto de "roupa negra pasando por riba dunha cheminea" vai en reportaxe, non en galería!!!!

Bicos,

Nataliña

fotos e a súa ubicación

Ola, rapazas!

Dende agora é mellor que cada vez que colguemos unha foto indiquemos a súa ubicación (se vai nunha reportaxe ou nunha galería) para que Patri e mais Jéssica, que están a retocar as que faltan, saiban as medidas exactas que lles teñen que dar.
A ubicación das fotos ata o de agora é a seguinte:

-fotos das cruces no cemiterio: galería
-fotos de Hipócrates ( o señor do fondo de moitas cores): só faría falta unha pequeniña para o test (aínda non sabemos a medida exacta)
-cemiterio: fotogalería
-roupa negra por enriba dunha cheminea: galería
-pía bautismal: galería
-cruce camiños: galería
-cruceiro: galería
-zaragozano: galería
-froita entre a palla: galería
-forno de leña: galería
-lúa: galería
-foto poda: galería (xa retocada)
-foto ortiga: test (aínda non se sabe a medida exacta)
-foto orégano: test (aínda non se sabe a medida exacta)
-toxo: galería (aínda hai que subila)
-fotos allos, estampas, cornos e rapaz amosando a nasa: en principio van con mesmo tamaño có vídeo (320x240 px) (aínda hai que subilas)

Agora mesmo vou subi-las fotos de estampas, cornos, rapaz amosando nasa, allos e mais toxo!!

Espero que vos sirve de axuda!

Bicos,

Nati